O sábado decidimos que tinhamos que ir aboiar un rato, plan perfecto, aboiar, sol, ondas, bo roio, comida…

As 12:00 estábamos en Nemiña, pero aquelo non era o que pintaban as previsións, tinhamos un fermoso lago diante das nosas narices… asi que un chisco decepcionados, recordei o que me dixera o Shapper de chusma, que eles de vez en cando o lado de Muros tenhen boas ondinhas para o longboard.

Raudos e veloces partimos cara carnota… 0 olas, fumos a Lariño… -1 olas así que decidimos conhecer Ancoradoiro. Nos non iamos moi ilusionados, posto que esta praia está como a 2km de Lariño… pero incriblemente tinhamos ondiñas xeitosas.

A praia, a pesar da merda que tinha, si puidemos disfrutar de ela.

O primeiro que fixen foi mirar por onde habia outros surfistas, penso e interesante mirar por onde se moven porque eles melhor que nadie poden decirme onde esta o melhor sitio. Aproveitei e pregunteilhe a un que estaba a piques de meterse e case case fomos a par.

O sitio realmente bonito, o pe dunha gran montanha que remata en praia, cunhas augas claras (e frias) e unhas ondinhas que me recordaban a Salinas (pola forma de romper)

Asi que foi unha boa sesión de “surf” con esperas largas, pero con boas sensacions… seguimos aprendendo cada dia!

DEIXAR UNHA RESPOSTA