Todos os da minha quinta recordamos a Pemán na TVG co seu “mar de fondo con olas de ata 4 metros” pero ben certo é que ata onte non souben o que eso significaba cando eres unha persoa que está aprendendo a facer surf (no meu caso aboiar no mar)

Tenho que decir que a experiencia foi moi boa, como di Rubén, “as olas grandes aprendense a surfear indo a por elas”, e eu non vou ser menos, ala que fun xunto con outros dous amigos que gastamos o mesmo estilo, aboiamos de puta madre…

Chegamos sobre as 6, boa hora posto que a marea estaría baixa as 8 da tarde en Nemiña. O chegar xa impresiona, impresiona por ver a todo-los surfeiros de pro collendo olas que so podo definir como “MIMADRINHA” e eu ali, co meu longboard pensando se meterme ou non.

Que vos vou decir, despoixa de facer case 100km métome si ou si… o caralho era por onde meterse…

Menos mal que os surfistas non son tan prepotentes como todos pensamos o principio, que se melhor métete por ese lado, que o canal hoxe está melhor na outra zona, etc… Todo moi bem explicado por parte dun rapaz que xa vira maís veces e que ademáis e profesor de surf con Ruben.

O final logrei algunha oliña pequena (ainda que das mais grandes que fixera nunca) e tratei tamen de “domar” as grandes pero ainda non tenho a experiencia necesaria e no momento que a ola me empeza a levar o que soe ocurrir e que en lugar de xirar véxo como a punta da taboa comeza a apuntar cara o chan… e a posteriori métese de punta na auga (co correspondiente costazo)

De todas formas, se tendes a opción, facede surf (ou aboiade coma min) disfrutaredes dunha paisaxe incrible, dunha actividade sana e sobretodo dun mar salgado salgado jeje.

Por certo. a foto de hoxe e un frame do video de onte (que a verdade quedoume bem chulo para ser o primeiro que fago) pero foi editado e retocado pola minha amiga Silvia que nesto das fotos polo que vexo eche toda unha pro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA