A que soa mal se vos digo que das ultimas veces que me metín no mar estabamos como 20 persoas, a maioria tabloneros, con olinhas de medio metro sen forza, cun periodo de espera longuisimo e no único pico que existia en toda a praia…

A que soa mal que tamen vos diga que nesa ola que surxia cada 15 minutos remabamos todos como se non tiveramos outra detrás… ou que alí nadie atendia a preferencias nin nada…

Podría soar fatal, a un mal roio increible… pero non… sen duda foi un dos momentos que melhor o pasei na auga en moito tempo…. e non polas ondas non… senon polo bo roio que tinhamos dentro da auga.

A verdade e que as veces algo tan sinxelo como un anaco de mar, un tablon e un atardecer podese converter nun intre increible e todo gracias a xente que estaba dentro da auga.

A todos eses nemiños, que entre risas remabamos todas as olas, que ibamos pegados e roubabamos a preferencia, gracias por contribuir a facer do mundo un melhor sitio, polo menos nese momento sen malos roios e tan bo ambiente.

A verdade e que cheguei un chisco tarde. E coa previsión de que o dia seguinte non iba poder aboiar porque nin mar nin vento ibamos ter de bo xeito… así que sain correndo, cheguei a nemiña busquei a minha mulher para decirlhe que chegara e que marchaba para a auga (ela por sorte xa puidera aboiar de manha) así que raudo e veloz para a auga onde empezaba a andar a xente xa pelexando polas ondinhas.

Nuns 20 minutos estabamos aló case todos, así que moita charla mentras esperabamos, e logo a remar por onde se podia. Co risco de que xente pro aboiara preto minha… porque eu remaba pero non tinha moi claro por donde ir (creo que esto pasabamos a varios)

Tamén toca decir que as ondinhas eran so de dereitas, cousa que a min ibame moi bem, pero a larga a quen lhe cundia era a Silvinha… que deixabamos para ela todas as esquerdas… e libre de golpes entre tablons eh… eh … a que si Andy 😉

Por ultimo deixovos unhas fotinhas que me sacou @waneedoo como sempre moitas gracias por amosar ó mundo o necora que son… jejeje

 

Por certo as fotos coa posta de sol son de Silvinha, que como estivera de manha na auga saiu un chis antes ca min, e logo o sair eu adeiqueime a porme no medio das suas fotos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA