Facía tempo non me tinhades por estes lares, cousa que non quere decir non me metera no mar en canto puiden.

A cuestión e que fai unhas semanas tivemos a sorte de desfrutar duns días de Sol/Auga/choiva/ondas/… pero sobretodo puidemos disfrutar duns días de clase de surf con Palomeque.

Por se non o conhecedes, Ricardo Palomeque é subcampeón de europa de longboard e ademais o xefe de Marejada Surf.

Así que aló fomos Sil e un servidor a pasar uns días comendo, surfeando, aboiando, comendo de novo e outra vez a comer (ye Asturias oh)

Tenho que reconhecer que con 4 cousinhas que comentou xa iba eu rectificando. Certo que para aprender o que me falta por aprender non necesito a un campeón da talla de Ricardo… pero sempre e melhor aprender da man dos melhores (ainda que sexa aprender a aboiar)

Se tendes oportunidade, non vos perdades dar unhas clases con este home. Tendes información na sua própia web. http://www.escuelamarejada.com/

Tamen tenho que decir que algo de turismo fixemos, tratamos de subir ata os lagos, pero comezou a nevar e optamos por non arriscar, a maioria dos picos de europa estaban nevados.

Por outro lado, tenho que reconhecer que ainda que non son eu de beber moito… o viño con gaseosa na comida presta moito… as veces demasiado jejeje.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.