E non ponho como se esto fose algo malo, nin que fose tampouco os únicos que surfeaban por neminha onte.

A cuestión e que onte tiven a sorte de poder ir aboiar co meu afluente preferido, e nun intre falando con Fer xa dende a orilha, puiden ver mais tarde comprobar que as veces 9.4 e unha medida realmente boa.

O caso e que eu venho dun 8.9 non moi grande, xa estaba eu interesado no 9.4 pero despoixa de falar con Fer e de ver que Sil facia moito mais coa taboa grande… creo que xa me tarda aboiar nunha neyra.

En fin, onte moi bo día, estaba Suso dando clases e moita xente (de feito tanto coche había que tivemos que aparcar do lado do Saburil e ir por toda a praia ata chegar ós minipicos.

Que ven se lhe da a estes Asturianos surfear, notase que non era a segunda vez, e sobretodo que bo ambiente crean dentro da auga, dende aquí as minhas felicitacións a facer mais sociable este mundo dos longeirons.

Por outro lado… redios… que calor pasei… onte era o dia de surf en bañador… cousa que nunca fixen… pero como xa puxera o neopreno… e tinha o coche no quinto caralho… tocou pasar calor mentras a outra xente vai coa sua parte de arriba bem xeitosa…

Saudos xente! xa me tarda surfear como todos vos. Ah Fer, moitisimas gracias pola info sobre os tablons, medidas e sobretodo, deixarme aboiar no teu un rato, menuda confianza hai que ter para deixarme un tablón sen invento nin nada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA