Onte por fín tocou de novo mar, a cousa non pintaba bem polas previsións, parece que cada dia está mais preto o verán e mais lonxe as olinhas xeitosas para novatos coma min.

A cuestión e que o último día quedara con ganas de máis co meu 6’8 polas boas sensacións que tivera. A verdade e que me costa moito menos remar e moverme na auga, e normal claro, un de 6’8 contra un 8’6… tamén o bo que ganhas en movemento perdelo a hora de “porte de pe” … eso si… aboiar vas aboiar de puta madre coma min 😀

O caso e que tocou Neminha, foi chegar e ver que igual saia unha olinha na zona centro, pretinho das casas de alugueiro… E aló que fun.

Algo que non levo moi bem e o de meterme so na auga, da mesma forma que cando estou fora da auga penso que as olinhas son mais pequenas do que son, unha vez dentro parece que estou mais dentro do mar do que é en realidade… (que lhe queredes son de ourense….)

Así que sempre aproveito e trato de porme preto de outros surfistas (sen molestar ou tratando de facelo o mínimo posible) ou como mínimo pondome na mesma linha imaxinaria que crean eles para esperar polas ondas. Esto dame algo mais de tranquilidade, porque podo notar se me estou metendo moito no mar ou non. Ademaís de que tamén me serve para ter unha referencia para colher algunha onda.

En fin… Xa tinha “ganicas” e so por unha pequena parede que pilhei coa taboa corta, xa me chegou o día.

Agora a ver se sobe un poucho a forza das olas e podemos ir de novo durante o finde.

COMPARTIR
Artigo anteriorMini ondinhas time
Seguinte artigoTodo "Ye" Guión

DEIXAR UNHA RESPOSTA