Fai duas semanas tinha eu vacacións. Eran de esas vacacións que non planeas, que consiste en colher a furgoneta e ir mirando a ver se aboiaba nalgún sitio. Certo que sempre se se saca uns días para estar co meu afluente pero logo tinha eu idea de tirar cara Asturias, incluso cantabria se a puta llama se portaba..

Pois si… esa semana de vacacións foi na que o atlántico e o cantábrico parecian un lago… pero bueno, non pasa nada, o final metín un día en Espasante en medio metro (ou menos) e paseino bem.

Pero aquí non está a conha… o problema foi o domingo que un servidor convencido arranca cara Asturies…

Efectivamente… a altura de Barreiros a llama dixo que non quería nin pisar Asturias… nin seguir para ningún lado… a pobre parou facendo un ruido digno de safri duo (a vida sempre con humor).

Así que aquí xusto remataban as minhas esperanzas de durmir por Asturias e tocaba retornar a Compostela.

Pero eu estaba de vacacións… que caralho iba pintar en Compostela… así que o día seguinte pedinlhe a Silvinha se me acolhía polo norte, e aló que fun.

O final foi unha semana bem divertida e por suposto xenial en todo-los aspectos. Entre ocio, paseos, casa, mar (sen aboiar) e cuns cafés bem ricos que me facia Mary polas manhas.

O sábado retornei a casa, en principio para sair de ruta o domingo co meu compadre… pero entre o molhado que podía estar o asfalto e as opcións de auga, decidimos ir comer algo xuntos… o final por pouco non dou chegado a casa de regreso…

E que comezamos cunha canha, seguimos cun rioja e rematamos con uns cantos gintonic… suponho que por eso me aceptaron na familia.

Por certo Iago, se estás lendo esto… onte tratei de arrancar a ducati… e xa está sen batería (non me rinhas)

Así que nada, todo torcido, pero todo xenial. Suponho que a cuestión e como se vé o asunto non?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.