Onte tocou Nemiña, a previsión era escasa, pero as ganas eran jrandes. Asi que Juan e mais eu as 15:00 tiramos cara alo.

Por certo antes de nada, comentar que a foto de hoxe foi sacada por Juan, fotaza! eu so lha jodín coas cores jeje.

O caso e que arincamos cara Nemiña sabíamos que podía haber pouca cousa, pero o chegar o resultado foi o esperado, encima… marea baixa… Así que nada, a disfrutar da paisaxe no Saburil con sidra e cerveza mediante.

O noso lado tinha unha parelha que me soaba de caralho, pero o estar de espaldas non caera quen era… pero foi decir a palabra máxica “motorbeach” e tachan tachan… apareceron Carmen e mais o Señor Alvaro Urkiza.

Primeiro falando de mesa a mesa e logo… o final xa na mesma mesa, compartindo norte, tarde, e sobre todo aprendendo. Creo que foi das melhores sesions de “non surf” que puiden ter nunca.

Grande Alvaro, graciñas por todo o final unha pena non poder compartir espuma, pero temolo pendientes, sobre todo para min, que se aprendo de vostede na orilla… como será na auga.

Xa me tarda o Motorbeach deste ano para volver a repetir sesion de cervexas sen medo a ter logo control da benemérita.

Apertas a todos, Carmen, Alvaro, Juan e sobretodo Ana por ter esa terraza en primeira linea de praia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.