Creo que a definición de perfecto sairía ilustrada cunha das fotos do fin de semana pasado.

Aproveitando que temos casa por Valdoviño e que non ibamos ir na moto… foi cargar taboas e tirar cara Valdoviño. Amigos, o meu bem, xente agradable, alcohol… moito alcohol, e moitas risas sumaronse a un par de horas de aboiamento na praia de Valvodiño.

Domingo antes de comer, nada melhor que mirar pola ventá da casa e decir, bueno vou! e de paso ter a companha no mar do meu afluente.

Unhas horiñas de olas calmadas e algo longuiñas onde rascabamos con justo o pouco que sei, pero de vicio, incluso algún intento de asomar os dediños na punta da taboa. Toda unha expericiencia! (so me falta xirar jejeje)

A única pega… que moita praia en Valvodiño, moita leria… pero as duchas que? so pra cando venhen os turistas? e logo, os locais non pagan impostos? en fin..

Logo tocou pizza e recoller para afrontar con ganas o inicio de semana.

Por certo, de novo a foto non e minha que eu nin saquei o telefono. Fotaza (algo caida eso si) do meu amigo o Sr. Barrapán (tamén coñecido como el hogazas ou incluso Miguel)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.