Son defensor de poder acaba-lo ano sobre unha taboa de surf, e sempre sempre en boa companha… posto que o final aboiar non e mais que pasalo bem coa xente que che presta.

Como un servidor e de ourense… tocalhe pasar o fin de ano coa familia… e non me vexo eu remando e surfeando no minho… xa me chegou ser socorrista dese rio nalgún veran ejeje.

Por sorte tinha dous dias por ahí perdidos que puiden reservar para tirar cara o norte a incordiar a minha mulher e de paso aboiamos os dous nalgún recuncho entre valdovinho e ortigueira… que non vos vou decir para mantelo asi como punto onde sempre andamos 4 monos.

Quero aproveitar que remata o ano para desexarvos a todos moi boas ondas no 2017, cun pouco de sorte iniciado polo ondalonga e continuado con grandes eventos anuais como o motorbeach e o malpica.

Como sempre, a seguir aprendendo, a seguir aboiando e sacando sorrisos en cada remada.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA