Levo algo así como 1 mes en dique seco… e non por non ir o mar… senón ou por chegar coa marea baixa, ou chegar e non ter mar suficiente, ou estar moi pasado…

O que me resulta imposible totalmente e non dar un paseo e quitar merda… son como 5 minutos os que me leva encher un saco de basura e o outro día non iba ser menos.

O Luns 25 saín todo convencido dende ourense para ir ata nemiña, sabía que podía chegar coa marea moi baixa, pero en nemiña sempre se pode rascar se as condicións non son moi esaxeradas…

Eso pensaba eu, pero cando cheguei a cousa estaba mal, así que cotilleando algún instagram (en concreto o de Andy) conhecia a praia onde el se iba meter así que aló fun…

Pois nada… cheguei tarde… Andy retiraba xa para a comida de familia (eu que son un grinch do nadal pois fiquei por se había opcións… ) o final nada de nada, pero nun intre a choiva calmou e puiden dar unha volta… o final rematei apañando merda.

De verdade a cantidade de plasticos que hai e cada día maís preocupante… sei que o que fago realmente a termos de limpeza non sirve para nada, pero son incapaz de deixar botellas de cousas de plástico así que se ven…

Así que xa sabedes, se nalgún intre decidides ir o mar, pero o final rematades na orilha… animadevos a colher ainda so sexan un par de plasticos…

Como podedes ver, o final ainda foi unha bolsa xenerosa (menos mal tinha un plastico de estes que usan os mecanicos para protexer os asientos no taller). Tocou cargala no maletero e localizar un contenedor… porque plasticos había moreas, pero contenedores so nun pueblo a uns 5 km.

Ou acaso non disfrutamos todos de una imaxe tan limpa como esta:

Ou

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ou as xa míticas dos meus pes.

Lembrade que como di minha nai: “A vos non vos custa e a min gustame”.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.