Sempre nos pasa, e suponho a todos nos pasa igual… esa primeira ola o chegar a praia.

Moitos son afortunados, poden ter o mar preto, o suficientemente preto como para sair pola ventá e mirar.. hoxe si fago surf, hoxe non e posible.

Pero outros non temos o mar a vista, e temonos que guiar polo que comenta a xente, polas redes sociais e polas diferentes webs de predicción.

Pero sempre hai esa duda, ese a ver que tal as olas… e porque sempre podemos trabucarnos. Ainda recordo algún dia de ir a nemiña e aquelo era unha lagoa perfecta…

Por sorte, o venres pasado puidemos ir a Razo, e tivemos sorte, ainda que o mar non estaba bem (para uns novatos-nulos) coma nos, algo fixemos, pasamolo bem… ainda que cada vez que a ola chega… parece que me clavo de proa… e non sei como solucionar eso… (sempre remato facendolhe algunha marca a taboa…) Suponho gajes de andar a aprender.

2 COMENTÁRIOS

  1. Estou convencido de que xa antes de pillar a ola es consciente de que vas cravar a proa. É algo que a túa intuición che di poucos segundos antes de que chegue a ola a ti. Pois ben, sendo consciente disto, é unha cuestión de “situarse” e escoller ben; para que cando teñas a velocidade suficiente para levantarte, a onda aínda non esté vertical. Dalle preferencia ás olas de “non sei se a darei pillado” e non collas tantas das de “creo que me va tronsar el lombo”. Se colles das últimas, polo menos, tes dúas opcións: ou poñerte de pe moi pronto, antes de baixar a ola, e pisar moooooito atrás. Ou remala xa de medio lado, pola parede.

    http://www.surfcostadamorte.com endless lessons xD

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.