Onte chovía en compostela, día gris e apagado, moito choio no curre así que tocou despexar por Nemiña.

Pois sí, pensei non iba ter moitas espumas por estar marea alta cando eu cheguei a Nemiña… pero craso error, non so non chovia senon que habia espuma para dar e tomar.

Cansei de remar, todo hai que dicilo, olas tras olas imposible pra un negado coma min chegar o pico, pero bueno… as espumas tenhochas controladas e bem me sirven.

O bo, tinhan a forza suficiente para perdoarme erros de remada e eran o suficientemente longas como para disfrutar delas. Seguro fenomenos galegos como Dani Alvite pasariano xenial… Pero eu tampouco quedei atrás.

Creo que por fin, os poucos vou trazando de lado en lugar de ir todo recto. (no sen tempo eh!) pero bueno, o importante e que realmente sirve a taboa e para olvidar todo o que hai aparcado na orilla e disfrutar da auga salada, creo que se trata de eso.

Ah… incrible de min, fixen incluso caminata cara a puntiña e todo! problema… nunha de esas caidas deilhe un toque a taboa, nada importante pero o xusto para pensar en shappers que poidan darlhe un chis de impermeabilidade a ese puntiño por se acaso entra auga.

Xa lhe preguntei a Chusma, que é dos que mais preto me quedan dos que confio en deixarlhe o meu tablón… ainda que co liado que está non descarto obligar ó Señor Neyra a currar no motorbeach jeje.

Xa me tarda volver entrar a verdade 🙂 ademáis, en breves estará por aquí alvaro uns dias para aboiar canda el.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.