Onte Xoves tiven a sorte de poder desprazarme ata Nemiña. Pensaba que sería dos poucos que un Xoves vai estar por eses lares… que trabucado estaba.

No momento de chegar e mirar cara o horizonte atopeime cunha sorpresa, Non minto se digo que éramos uns 60 na auga, repartidos en 2 picos mentras a marea iba baixando.

Con esta imaxen que tendes na cabeza agora chega o meu artígo e duda como novato aboiador.

Son unha persoa que leva 2 ou 3 anos aboiando, pouco porque non sempre tenho tempo nin sempre podo permitirme desprazarme ata nemiña ou cercanias. Non sei surfear, algo defendo, pero non se pode decir que sepa facer cousas mais alo de ir recto cara a orilla.

Penso ando nese punto no que non eres un negado pero tampouco un surfista, e atopaste de golpe nun pico rodeado de 20 persoas que si saben aboiar e surfear… sinceramente todo un problema para min..

¿Que facer como novato nese momento? e non é unha pregunta para sacarvos de duda, e unha pregunta para que me digades vos que surfeades bem que caralho facer.

Sei de sobra o tema das preferencias, sei a teoría pero sempre tenho os mesmos problemas, sobretodo co long que tenho. Se me situo lexos da linea de costa, de repente cando empezo a remar unha ola atopo que de frente tenho xente… a cona pa! que facedes diante de min… así non podo remar e eu non son tan pro como para remar, porme de pe na taboa e xirar para esquivarte… de verdade sinteste seguro enfrente de min? ou e que directamente poste ahí para remar ti e quitarme a opción….

Se me ponho mais adiante está claro… non vou remar nada porque xa ven a xente dende maís atrás… e eu no medio… trato de non molestar pero se tenho que andar pendiente da xente que decide pasar a 20cm de min non vou andar agusto como para buscar espumas…

A verdade… que fago como novato nestes puntos? cal é a recomendación…. a vos deuses do tablon lanzovos a pregunta.

Polo demais todo xenial, un dia estupendo unhas olas xeitosas e realmente xa tinha moitas ganas de meterme na auga.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.