Onte martes foi o último día que puiden ir aboiar pola semana (quitando os venres a partir de ahora…). Así que tocou ir por Nemiña.

A previsión non era moi boa, punhan algo máis de 1 metro de altura e vento de norte (eeerrrr!!! vento de norte en Nemiña non son boas convinacións) pero era o último día que podía facelo así que nin corto nin perezoso tirei cara aló.

A verdade e que unha tarde moi xeitosa, pero case case sen olas, as poucas que saian tinhan un periodo de espera moi longo e saian rompendo de golpe e case sen forza.

Puiden colher un par de elas, non moito e case case sen poder erger porque quedaba detrás… pero a verdade e que o importante era ter a praia so pra min (polo menos o mar, na area xente había)

O final foron un par de horas de salitre, auga, espuma e algun video que a ver se podo facer algo que non sexa remar e remar.

Ahhh… e olvidei o neopreno “o sol” menos mal que un ten amigos locais e Ruben amablemente foi ata nemiña a recolhermo. Deboche unha comida (de menu eh! e nada de percebes jeje)

Xa me tarda regresar! e sobretodo xa me tarda ir co meu tablón grande grande (onte era o día)

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.